jueves, 16 de julio de 2015

Formo parte da Sociedade Micolóxica Lucus.

Xa vos teño falado mil e unha veces da SOCIEDADE MICOLÓXICA LUCUS, mais ben da familia Micolóxica Lucus.




Recoñezo que tiña unha gran curiosidade polo mundo micolóxico e cero coñecementos; gustábame ir buscar cogumelos pero non recoñecía ningún, só comía os boletus que meus pais recollían algunhas veces.

E un día vin no periódico que o Concello de Lugo organizaba unhos cursos de inicicación e perfeccionamento (boa iniciativa aquela, que con isto dos recortes creo que se perdeu). Sen dubidalo, chamei e inscribinme. E non me decepcionaron para nada!

Toda a información é pouca, e nunhas charlas de unha hora durante cinco días podemos pensar que non imos aprender moito. Pero para alguén que non ten nin idea... son valiosísimos! De entrada ves que ese "mundillo" é... amplísimo e interesantísimo! Moito mais do que pensaba.  E que é necesario estudialo e é necesario que che guste; pero se te atopas con unha persoa que expón os temas como o fai Julián Alonso vas quedar enganchad@ dende o primeiro momento. Faino cunha claridade e con unha amplitude de coñecementos asombrosa. E con unha paciencia...

Despois dese primeiro curso de iniciación, que non chegou a nada, veu o de perfeccionamento, que tampouco chegou  a nada.
Entón souben da existencia da asociación e decidín asociarme. Por probar...
Lembro o primeiro día, a primeira toma de contacto; creo que era un paseo micolóxico, un domingo pola mañá. Cheguei a Fingoi sen coñecer a ninguén, eu soa,  e había un grupiño de xente, saudei e dixen que era nova na asociación, e dende ese momento podo dicir que me acolleron coma se levara con eles dende sempre.

E é que a Asociación Micolóxica Lucus é así, unha gran familia (na actualidade unhos 265 socios) que te acolle dende o primeiro momento facendo que te sintas ben, axudándose entre eles, colaborando en todo, pero sen imposicións.
Organízanse gran cantidade de actividades, que van dende cursos, conferencias, congresos, excursións, exposicións, os luns micolóxicos, os paseos micolóxicos, degustacións, colaboracións con outras entidades, etc. 
Agora hasta publican unha revista do mais interesante (Micolucus). 
Actividades peculiares como son  o "Lucus a pé", e o "Lucus a pé na noite" . 
Tampouco debedes deixar de visitar en novembro a exposición de cogumelos que anualmente se sitúa no colexio Rosalía de Castro de Lugo (con toda a variedade de cogumelos que a tempada permite recoller, cunha montaxe increible e perfectamente etiquetados).

Todas son actividades que supoñen un gran esforzo organizativo, e non serían posibles sen esa directiva tan activa e o compromiso dos socios.

E é que a súa actividade non é exclusivamente micolóxica, podemos incluila tamén no ámbito medioambiental (preocúpanos a conservación do medio e do noso entorno) e incluso deportivo (rutas de senderismo) e a súa labor social é importante, podes atopar xente de tódalas idades e asegúrovos que acabas facendo amigos. A miña vida xa non sería a mesma sin esta familia, en serio!! Sen María Folgueira, Manuel Abuín, María Dores Guerrero, José Castro, Julián Alonso,... e tódolos demais.

Agora teñoos un pouco abandonados, por circunstancias e por falta de tempo, pero non por falta de ganas.

 E é que a maneira de aprender é escoitar unha e outra vez, e participar en actividades, e no outono ir cos teus cogumelos ó local social os "luns micolóxicos" e preguntar, e consultar libros. E ainda así pódeste dar por contento se cada ano coñeces un ou dous cogumelos novos. Pero polo menos saberás que nese mundo non hai que arriesgar, e que os tópicos non valen, que solo vale o estudio e o coñecemento, e que moito queda por aprender.

Lembrar que podedes achegarvos á súa páxina web ou ó facebook a botar unha ollada sempre que queirades; alí atoparedes información mui interesante.

E o mais importante de todo, daraste conta de que tes a gran sorte de compartir momentos con grandes persoas.





viernes, 20 de marzo de 2015

Saquiño de semillas para microondas.




Estos saquiños pódense utilizar para aliviar dores musculares ou simplemente para quentarse.


Podense atopar en tendas a partires de 6 euros (10, 12 euros...), pero ¡para que gastar diñeiro se o podes facer ti!


Pódense utilizar diferentes semillas ou osos de cereixas, etc.; tamén se lle poden poñer prantas aromáticas para que o cheiro que desprenda sexa bo. 
Primeiro probei con arroz e lentellas pero desprendía un cheiro moi malo e moita humidade. Logo, buscando, cheguei á conclusión que vai ben o trigo sarraceno ou a espelta en grao, pero esta última non é fácil de atopar.


O tamaño do saquiño farase ó gusto de cada un. Pode ser rectangular mais ou menos estreito, según o uso que lle vaiamos dar.


Pódese coser a máquina ou a man. Eu cosín coa máquina o saco interior. O resto fagoo a mán, para darle mais valor artesanal, pero con máquina de coser faise nun momento!


UTILICEI:


-Trigo sarraceno (1/2 KG).

-Lavanda ou espliego (ó gusto).

-Tela: A interior é tela tipo liño de 18x22cms. A exterior é una tela de cores de unos 20x26cms.. Eu para o exterior escollín unha tela de cores, tipo franela ou felpa.

-Trociño de entretela.


-Fíos de cores.


-Un pedaciño de velcro con adhesivo.




COMO O FIXEN:


-Cosemos un rectángulo de tela tiño liño de unhos 18x22 cms. por tres lados. Podemos cóselo con máquina para rematar antes.

-Fago tres costuras con fío de cores que me gusten pola metade do saquiño, para obter dous compartimentos diferentes para as semillas. (Eu utilicei fíos de cores dos que se utilizan para o punto de cruz. Cosín á man, puntadas tipo “pespunte”).

( http://hogar-y-jardin.practicopedia.lainformacion.com/labores/como-coser-un-pespunte-o-punto-atras-15193).


-Xa se pode rechear o saquiño coas semillas. En un bol mezclo 500 grs de trigo tipo sarraceno e un pouquiño de flor de lavanda (esto ó gusto de cada un, dependendo de canto nos guste o cheiro da lavanda).

Vou recheando os dous compartimentos do saquiño (deixando  unhos  4 cms sen rechear).

Agora cerrarei o saquiño, cosendo un pespunte polo borde.

O saquiño resultante mide unos 18x23 cms.


-Para que o saco esté protexido  de manchas e sexa mais bonito á vista, fíxenlle unha funda exterior, con un rectángulo de unhos 20x26 cms dunha tela de cores que me gustou.


-Primeiro marquei con liñas rectas por donde van ir as costuras e hilvanei a mán os bordes para coser con comodidade.

(É fácil, pero hai moitas páxinas donde podedes ver como facelo: http://es.wikihow.com/hilvanar-a-mano).



-Nos dous bordes superiores puxenlle un rectángulo estreito de entretela adhesiva, pero esto é opcional (córtase o rectángulo, colócase e pásase a prancha).


-Cosín a parte superior (duas costuras).



-Logo cosín os laterais.


-Finalmente na parte supeior, na zona do cierre do saco, peguei tres trociños de velcro. Despois asegureinos con unha “X” de fío para que non se solten.
O saquiño resultante mide unhos 18x23cms.


- Dámoslle a volta, e pranchamos a funda para que quede ben presentable.

Xa está rematado!





USO:

Meter no microondas 2 ou 3 minutos, xunto con un vaso de auga. Aplicar na zona que nos interese.

(O do vaso de auga é para que non se acumule humidade no  saco).

Tamén se poden utilizar para o contrario, para aplicar frío. (Metendoo no conxelador un rato antes).



jueves, 26 de febrero de 2015

Recordos (I). O meu primeiro libro.

A miña memoria é mui selectiva.
Se me preguntades por cousas de fai mais dun mes é probable que xa non me lembre; e se empezades a contar cousas de cando eramos nenos ou adolescentes, podo dicirvos que solo lembro con claridade cousas puntuales. E teño dudas con que esa lembranza sexa tan clara como eu penso.

Hoxe pensaba no meu primeiro libro. Non sei cantos anos tería, pero pode que catro.
Nos anos setenta empezabamos o colexio ós cinco anos, polo menos no meu caso foi así. Non como agora, que con tres anos ou incluso menos os nenos xa van ó cole.
Daquela non tiñamos moitos xoguetes nin moitos libros; ademais eu debía ser unha destrozona porque non conservo nada de nada! E tampouco conservo o meu primeiro libro. Supoño que realmente non foi o primeiro. Explícome:
Supoño que para aprender a ler tería un libro de esos de "ma me mi mo mu", de feito paréceme lembrar un. Este recordo está mui nublado, non é claro, pero sei que me ensinaron a ler meus pais antes de ir ó colexio.

E un día o meu padriño Guillermo foi a Friol e tróuxome un agasallo. ¡Era un libro! De tapas duras, cunha portada moi colorida na que aparecía un loro de cor verde. O libro chamábase "El pájaro verde". Era un libro en castelán. Naquela época non creo que houbera moita literatura infantil publicada en galego. ¡Ainda sinto a alegría que me deu! Non sei si porque era un agasallo ou porque o agasallo era un libro cheo de ilustracións e que ademais podía ler.

Eu estaba detrás da cociña de leña, á mesa, co meu libro (sería unha noite de inverno, supoño), e dixéronme: "A ver, le. ¿Qué pon ahi?". Lin o título do libro..., con un matiz: eu hasta que fun á escola fun galego falante; entón lin "el pajaro verde" (sen tilde na a de pájaro). Botáronse todos a rir e ensináronme a forma correcta explicándome que en galego era paxaro e en castelán pájaro.

Mais tarde, no colexio, utilicei as dúas linguas sen ningún problema. Lembro que no segundo curso a nosa mestra era "a Pepita", e falábanos sempre en galego, cousa inusual para a época. O primeiro día dixo: "a ver quen sabe como se di a palabra de castelán "hacha" en galego". Eu sabía perfectamente que hacha era macheta en galego, pero a miña vergonza fíxome estar calada e non fun a primeira en contestar. 
Cando era adolescente podía ter unha conversa con varias persoas e falar con unha delas en galego e con outra en castelán de forma natural. Pero nunca olvidarei a anécdota do meu primeiro libro de lectura e das miñas primeiras clases con Pepita.
Como dixen antes, non conservo o libro. Buscando en internet atopei un con ese título pero a portada non corresponde. Pode que fose de outra editorial, ou pode que o libro fose outro. E non me preguntedes de que iba o conto porque tampouco o lembro.